
Fernando Pardo
Técnico Nacional
Fundador e presidente do CP Alquimia. Licenciado en INEF, bombeiro e experto en material para patinaxe artística

Marta López
​Técnico Nacional
Adestradora de danza, show e libre. É enxeñeira química, docente e ten formación en diferentes disciplinas artísticas (ballet clásico - certificado Intermediate da Royal Academy of Dance-, danza contemporánea, claqué, pole dance, bailes latinos, etc.). Os seus principios son a ilusión, a tenacidade e a autosuperación. Encántalle o chocolate e adora á sua gata Cleopatra Amelia Kahlo e a súa cadela Nuk Emmeline De Castro.

Técnico Nivel I
Ariadna Prego
Adestradora de libre, show e danza. Amante dos "brillis" e de deseñar maillots. A súa parte favorita da tempada e darlle vida ás coreos, "xesto para aquí e xesto para alá". Encántanlle os abrazos (e os xeados).

Monitor
Fabián Martínez
Adestrador de libre. Actualmente cursando o duplo grao en filoloxía inglesa e galego-portuguesa. Apaixonado do travelling e de facer coreografías improvisadas. Para él, o mellor da patinaxe é desfrutalo coa xente que queres, e competir, por suposto.

Monitora
Beatriz Pisonero
Técnica Superior en Animación Sociodeportiva (TSEAS) e adestradora física e de libre. Amante do deporte e de ver como o traballo, a constancia e un pouquiño de "sufrimento" dan froitos. É positiva, cercana e ten sempre ganas de seguir a aprender e a medrar. Apaixoada dos bos adestramentos, as risas e da clásica frase "unha última vez e acabamos", que nunca é a última.





